Van 3 meses de aventura dende aquel 23 de xuño en que me veu despedir o presidente do Toxiza clube de Montaña. Recordo que estaba ata mais emocionado ca min cos seus " que pasada " " este viaxe e a hostia " ... Xa o conocedes.
Tivo paciencia agardandome pois tardei en salir. Ali entregoume como agasallo unha camiseta do clube que estrenei no momento e que acabo de despedirme, pois o color blanco non e sufrido.
Nestes mais de 6000 km o balance e mais que positivo. Pese a non adestrar co peso real, o feito de ir paseniño fai que sexa levadeiro e ainda asi avanzar, pero supon horas na bici.
Fisicamente pagase: co sillin no traseiro ( hai que escoller e probar ata estar seguro ), a exposicion o sol e longa e perigosa, e o cansancio muscular.
Decidin ir pola ruta plana polo peso e por ser mais ràpido para chegar a Iran e India xa que me corria o visado. Ademais Europa xa e conocida e eu quero palpar outras culturas e aprender e contrastar coa nosa.
Os prexuicios non valen para nada e vexo que temos moito que aprender, sobre todo de Iran. E a xente mais hospitalaria que vin, tanto na estrada coma nas casas, ainda que hai que adaptarse a outros costumes.
Viaxar de vrao ten o problema do calor, pero en movemento e levadeiro. Acostumaste, sexa no sur de Francia ou no deserto de Iran. E mais serio o vento, case sempre o tiven en contra e, por pouco que sexa, desfaite, ainda que axuda a refrescarte. Pero a favor disfrutas, ainda que pasa pouco.
Nesta estacion atopas frutas e verduras e disfrutas da comida, teño collido moita nas hortas. O malo do vrao e o trafico pero habendo arcen ... Os coches son pouco respetuosos en todolos paises pero tendo un espello na bici podes ir controlando. Incluso donde non respetan as normas como Turquia e Iran, hai un caos organizado. Tiven sustos pero nada mais.
Quiscolina, a bici, xa tivo algun radio roto, cambio de sillin e de plato, e cambiei a cadena agora. Xa sei que foron moitos km pero pedaleo suave e estaba valida.
Xa falarei mais adiante de temas tecnicos, e basico saber amañar e mais cando apenas hay tendas por ahi.
A xente non entende que vaia so, pero descubrin que é mellor do que pensaba. Estas exposto a todo e podes sentirte solo, pero eso tamen te fai abrirte a xente, sobre todo se viaxas sin GPS. Todo eso xenera empatia coa xente e axudanche ainda sen entender o idioma.
Recordo que non vou de turista polo mundo, busco conocer e conocerme pero co blog e o grupo de WhatsApp dinme conta que poido facer reflexionar tamen os demais. Pero e mellor vivilo ainda que a morriña vai e ven.
Non me sinto no extranxeiro e eso sera por algo. Por pauses, Francia non e facil pola xente, caro e as estradas. Italia e coma nos pero mais caos e con moito queixo. Eslovenia é a pequena Suiza. Croacia e Serbia son tristes pola guerra. Bulgaria non sei porque fun por autoestrada. Turquia moito militar ademais dos nenos pobres pedindo. Iran un pais ccomidano clima e no humano ademais da comida.
Agora toca a India pero vou en avion, non me gusta polos riscos de extravio, rotura ou extra peso.
Outro cambio de idioma , comida, costumes e de debate relixioso/ espiritual. Chego a terra de Buda ademais da reaparicion das mulleres nas ruas sen taparse e os colores e aromas...